Posts Tagged ‘Lorenzo Silva’

Nenos feroces

Non rematou de convencerme a última novela de Lorenzo Silva, “Niños Feroces” é un relato fácil sustentado nunha paupérrima pose narrativa que lle confire ese carácter de novela histórica, o contido case se restrinxe a un copia e pega de distintas fontes bibliográficas e cinematográficas que describen os desmanes da guerra. Certo é que non resulta doado atopar relatos sobre a División azul e o mítico heroicismo anticomunista que levou a rapaces novos a participar nunha loita mercenaria codo a codo coa alemania nazi, non é políticamente correcto inmiscuirse nesa etapa histórica, así que lle recoñezo o mérito de transgredir ese silencio sepulcral que envovle á militancia falanxista mais recalcitrante, Lorenzo Silva, sen parecer un escritor sospeitoso, reconduce a historia cara a unha observación mais íntima que ideolóxica, na procura dunha reflexión aséptica dos  acontecementos bélicos polos que pasou unha parte da poboación española trala guerra civil. Regular.

A estratexia da auga

Non se pode ler todo, está claro, pero cando me pasa de largo un tipo como Lorenzo Silva algo raro acontece co meu proceso de seleción bibliográfica. "La estrategia del agua" é a última entrega da serie "picoleta" da parella Vila e Chamorro, un par de axentes da benemérita especializados na resolución de casos de homicidio. Un auténtico descubrimento literario que me reconcilia coa Garda Civil, ese corpo surrealista que tiña asentado nunha parcela da miña memoria reservado ao impresentable. Aínda co medo a trabucarme por non ter lido mais que esta obra, recoñezo a Silva como un dignísimo sucesor de Montalbán e Mendoza.
Absolutamente maxistral.