Posts Tagged ‘Indie’

Josh Ritter

Josh Ritter é un músico americano vencellado ao folk, influenciado por Dylan e Cash, comezou a súa carreira da man de Glen Hansard, despois dunha brillante traxectoria en solitario creou “The Royal City Band”. As súas composicións acústicas acadaron unha incuestionable consideración entre os críticos que chegaron a ubicalo entre os 100 mellores compositores vivos. Algúns dos temas acústicos, como “open doors“, son excepcionais.

L.A.


L.A. Son as iniciais de Luis Alberto Segura, un guerrilleiro da música Indie que xa levaba nas súas costas 3 discos autoeditados antes de que unha das grandes produtoras musicais se atrevera a apostar polo seu último traballo “Heavenly Hell”. O videoclip “Stop the clocks” foi rodado en Mallorca segundo as regras da web “venuspluton” (un plano, unha cámara, ningún corte, e son directo). Igualiño que os de “Operación Triunfo”.