Posts Tagged ‘Cine’

O orde das cousas

El orden de las cosas” é unha excepcional curta sobre violencia de xénero, escrita e dirixida polos irmáns César e José Esteban Alenda. O filme vai construindo dende un argumento sinxelo o drama que provoca a inercia dunha educación sexista que promove silenciosamente a violencia de xénero, descubrindonos un fundamentalismo talibán agochado no mais profundo da presunta “ética” occidental e que é ineludiblemente asumido en esterotipos por mulleres e homes. Maxistral. Parte 1 / Parte 2

Inspirations

Cristóbal Vila é un zaragozano que fai animacións en 3d dunha calidade excepcional. Para Inspirations baseouse na obra de M.C. Escher tratando de “imaxinar cómo podería ser o seu lugar de traballo, de qué cousas se rodearía u artista como él, tan profundamente interesado pola ciencia en xeral e as matemáticas en particular. Todo dunha forma completamente imaxinaria, libre e inventada”. O resultado é esta pequena xoia que ademais utiliza como banda sonora unha composición do islandés Ólafur Arnalds do que vos recomendo unha visita á súa páxina.

INSPIRATIONS from Cristóbal Vila on Vimeo.

The Chase

Para tod@s os que gostedes da acción, sentadevos tranquilos e desfrutade cada segundo destes 12 minutos gloriosos de cinema de animación. O pai da criatura é o chileno Tomás Vergara que despois de esta opera prima non nos vai quedar outra que estar ben atentos ao seu traballo. Maxistral. ver web (moi recomendable)

The Chase (2012) – 3D Animated Action Short Film from Tomas Vergara on Vimeo.

Burn your mind


Na liña dos reality de moda na procura de talentos, Burn está a desenvolver un proxecto que inclúe un “casting” aberto para xente con habilidades especiais, buscan skaters, bikers, wakers… que aportan ese punto de creativiade que os desmarca da media, o obxectivo final é facer unha película sumando virtuosismo e calidade cinematográfica. Os vídeos promocionais son moi bos.

1936. Ribadeo


Curta de Jairo Iglesias que foi candidata aos premos Mestre Mateo 2007. Os traballos de este home posúen unha simpreza poética que resulta conmovedora. Quen non teña visto Cores que o faga.