Posts Tagged ‘Arte’

The Chase

Para tod@s os que gostedes da acción, sentadevos tranquilos e desfrutade cada segundo destes 12 minutos gloriosos de cinema de animación. O pai da criatura é o chileno Tomás Vergara que despois de esta opera prima non nos vai quedar outra que estar ben atentos ao seu traballo. Maxistral. ver web (moi recomendable)

The Chase (2012) – 3D Animated Action Short Film from Tomas Vergara on Vimeo.

Art project

Levo toda a tarde de museos, esta xente de google non deixa de sorprenderme, rematarei cunha dependencia patolóxica a esta empresa da que algún compañeiro xa sospeita que está a artellar unha nova forma de colonización silenciosa das nosas vidas, o certo é que cada movemento googleiano supón un canto de sirena para os que andamos rodando pola rede na procura de información, unha perversión como outra calquera que xa veredes como será obxecto de intervención psicolóxica en breve. Non me digades que isto do Google Art Project non é unha pasada.

As rúas contra a guerra

Sokak Savaşa Karşı | Streets Against The War from sokak savasakarsi on Vimeo.

Impresionante vídeo contra a guerra do colectivo de artistas turcos “Sokak Savaşa Karşı“. Cunha estratexia de arte de guerrilla empapelan as calles con noticias de prensa das que foron recortadas imaxes que logo ensamblan nunha curta en slow motion. Visto en “A desgana, un blog imprescindible.

Scott Dunbar


Non lembro ter deixado ningún post de Scott Dunbar, nin neste blog nin no vello, pero si me trabuco é o mesmo, hoxe é fin de ano e haberá moitísimos músicos na rúa tentando rabuñar algún euriño para pasar a noite co puntiño de ledicia que se nos presume aos mortais nestas datas. Aí queda, coma unha pequena homenaxe e co propósito de sensibilizar aos que son mais reticentes a afloxar a carteira cos artistas.

Fredo

O artista chileno Fredo posúe un talento excepcional, con tan só 17 anos, fai estes alucinantes debuxos en 3D que lembran ás obras de M.C. Escher.

Horacio Salinas

Horacio Salinas é un fotógrafo que derrocha imaxinación nas súas composicións, traballa para o New York Time Magazine e no mundillo da moda. Un icono do conceptualismo que merece unha ollada.
Ver galería