Posts Tagged ‘acústica’

Keaton Henson

Keaton Heaton un novo músico indie que debuta cun album fantástico: “Dear”. A súa voz lembra á de Brett Dennen pero cun sonido mais íntimo. Para os adictos á melancolía un auténtico descubrimento.

Strawbear – Hallway Session from Keaton Henson on Vimeo.

The 4 Of Us

The 4 of us son unha vella banda irlandesa creada na década dos 80, neste ano 2012 volveron a sacar outro traballo que mantén o mesmo espíritu acústico co que iniciaron a súa andaina. O artífice de todo isto é Brendan Murphy fundador do grupo xunto ao seu irmao Declan e únicos integrantes na actualidade. Inclúos na base de datos de acústica e deixo o enlace a un concerto acústico de xaneiro de 2011.

William Fitzsimmons

William Fitzsimmons é outro dos músicos que contribuiron na banda sonora de “Anatomía de Grey”, unha desas series nas que o son ten mais peso que as imaxes na produción de emocións, este tipo, fillo de músicos invidentes, compón, interpreta e produce os seus temas, un neno prodixio que estudou piano e trombón antes de coller unha guitarra, puro talento para a base de datos de acústica.

Sister Hazel

Sister Hazel son un grupo americano un tanto ecléctico para encadralos nun estilo concreto,  fan dende rock sureño a temas acústicos dunha calidade bestial. Deixo o enlace a “All for you“, tal vez o seu tema mais popular, nunha versión acústica que lembra un pouco aos REM. Arquivados na fonoteca de acústica.

Tom Rush


Sucumbín á gripe, estou cun trancazo descomunal tiritando e cunha riada nasal como facía anos, isto vaime ter a sopiñas e repouso uns días, asi que decidín prescribirme unhas doses de acústica, novela e cine. Comezo con Tom Rush, un músico americano que se move entre o Folk e o Blues, os seus temas posúen un sabor “añejo” dos vellos “songwriters” de carreteira que van engarzando letras e sons entre garito e garito, melodías de tristura e desamor impregnadas de alcohol que movilizan as ánimas desconsoladas.

Jon Gomm

Jon Gomm é outro dos virtuosos do “lap tapping” este inglés leva facendo experimentos coa guitarra dende os dous anos, a última tendenza é facer “mixed“, grabando ritmos que vai utilizando despois como acompañamento. O xeito de percutir na caixa lembra a dous gurús do “tapping”, Andy McKee e a Erik Mongrain.