O orde das cousas

El orden de las cosas” é unha excepcional curta sobre violencia de xénero, escrita e dirixida polos irmáns César e José Esteban Alenda. O filme vai construindo dende un argumento sinxelo o drama que provoca a inercia dunha educación sexista que promove silenciosamente a violencia de xénero, descubrindonos un fundamentalismo talibán agochado no mais profundo da presunta “ética” occidental e que é ineludiblemente asumido en esterotipos por mulleres e homes. Maxistral. Parte 1 / Parte 2

O xardín colgante

Estreneime con Javier Calvo lendo a súa última novela, premio Biblioteca breve de 2012. Este singular escritor enreda realidade e ficción nunha trama policíaca que discurre na época da tansición e na loita antiterrorista xogando coa esquizofrenia do humor e a violencia dun xeito divertidísimo. As persoaxes parecen extraídas dun comic e algún deles, como o axente do CSID Lao con Síndrome de Asperger, poderá dar moitísimo xogo nunha presumible continuidade da saga. En definitiva, “El jardín colgante” é un coctel explosivo de historia, ficción e novela negra, escrita cunha sagacidade e un estilo tremendamente atractivos. Recomendable.

Réflexion


Extraordinaria curta de animación con un toque expresionista realizada polo estudio francés Planktoon o tratamento das imaxes e a banda sonora son unha pasada.

O lector de Julio Verne

Son “Almudenadicto”, o confeso, asi que non teño moita credivilidade entre os amigos cando falo das bondades literarias desta muller, pero e que a parte da sua calidade como escritora, esta señora ten unha implicación ideolóxica absolutamente encomiable, estou seguro de que esa significación política estalle a costar o recoñecemento que verdadeiramente lle corresponde, porque non teño dúbida de que se trata dunha das mais grandes escritoras que deu este país.
O lector de Julio Verne” é a segunda entrega dos “Episodios dunha guerra interminable” non ten a pegada de “Inés y la alegría” pero segue a ser un libro excepcional por esa capacidade de novelar relatos sinxelos facéndolles medrar no texto ata conseguir a trascendencia que lle foi roubada pola historia. Como sempre, moi recomendable.

O vello e o mar

the old man and the sea from Marcel Schindler on Vimeo.

Non sei si lembrades a novela de Hemingway, esa que a partires de certa idade tivemos que ler todos os nenos na escola e que se salva do Fahrenheit 451 ao que condenaría á maior parte dos libros infumables que teñen que engullir os pequenos, pero Marcel Schindler axudanos coa memoria nesta curta en time lapse que rebosa xenialidade.

Keaton Henson

Keaton Heaton un novo músico indie que debuta cun album fantástico: “Dear”. A súa voz lembra á de Brett Dennen pero cun sonido mais íntimo. Para os adictos á melancolía un auténtico descubrimento.

Strawbear – Hallway Session from Keaton Henson on Vimeo.

L´Odyssée

Había tempo que non posteaba publicidade no blogue, pero este spot de Cartier deixoume tan abraiado que no me quedou outra que facerlle un recuncho na bitácora. Parece que tardaron dous anos en construír esta fermosura de cortametraxe pero visto o resultado mereceu a pena a espera. Bestial.

Su Blackwell

No 2008 adiqueille un post a Su Blackwell unha auténtica artista do origami, hoxe remexendo volvín a atoparme coa súa páxina e quedei novamente fascinado cos seus traballos. Para quen non pique no post queda este vídeo comercial que fixo para as bodegas Beringer, ten 4 anos pero non pasa o tempo por el. ver making of.

Paul Cadden

Outro mestre do hiperrealismo Paul Cadden, fai un par de anos deixaba un post do chinés Paul Lung un artista do que decía que utilizaba o lápis como se fose unha cámara fotográfica, pero este escocés ten un talento semellante ou incluso superior, facer un debuxo lévalle entre 3 e 6 semans. Alucinante. Ver galería

The 4 Of Us

The 4 of us son unha vella banda irlandesa creada na década dos 80, neste ano 2012 volveron a sacar outro traballo que mantén o mesmo espíritu acústico co que iniciaron a súa andaina. O artífice de todo isto é Brendan Murphy fundador do grupo xunto ao seu irmao Declan e únicos integrantes na actualidade. Inclúos na base de datos de acústica e deixo o enlace a un concerto acústico de xaneiro de 2011.

Inspirations

Cristóbal Vila é un zaragozano que fai animacións en 3d dunha calidade excepcional. Para Inspirations baseouse na obra de M.C. Escher tratando de “imaxinar cómo podería ser o seu lugar de traballo, de qué cousas se rodearía u artista como él, tan profundamente interesado pola ciencia en xeral e as matemáticas en particular. Todo dunha forma completamente imaxinaria, libre e inventada”. O resultado é esta pequena xoia que ademais utiliza como banda sonora unha composición do islandés Ólafur Arnalds do que vos recomendo unha visita á súa páxina.

INSPIRATIONS from Cristóbal Vila on Vimeo.

Solipsist

SOLIPSIST é unha curta de cine experimental do director Andrew Thomas Huang que gañou o premio especial do xurado no festival de cine de Slamdance 2012. Efectos especiais, cor e imaxinación. Moi currado. O solipsismo “é a crenza metafísica de que o único do que un pode estar seguro é da existencia da súa propia mente, a realidade que aparentemente nos rodea é incognoscible e pode non ser mais que unha parte dos estados mentais do propio ego. De xeito que, todos os obxectos, persoas, etc., que un experimenta serían meramente emanacións da nosa mente e, polo tanto, a única cousa da que poderíamos ter seguridade é da existencia de un mesmo”.

SOLIPSIST from Andrew Huang on Vimeo.

Día da muller

YANOYA from shishi yamazaki on Vimeo.

Motoi Yamamoto

Outro artista do efímero, Motoi Yamamoto é un escultor e performer que utiliza sal como elemento das súas esculturas, a beleza das súas composicións é abraiante. En Asia o sal é un símbolo de purificación. Ver galería.

Xente letal

Ando estes días enzoufado con varios libros, cousas do mais ecléctico que van dende titoriais a manuais de autoaxuda, estou cada día mais acabado, o caso é que tiña encargada unha noveliña na miña librería e non chegou a tempo, así que para baixar o mono de thriller que teño escollín a primeira entrega da saga de Donovan Creed un ínclito axente da CIA e asasino nos seus ratos libres, persoaxe creado por John Locke (non é o empirista), un tipo que pasou das editoriais para apostar pola independencia e conseguiu vender mais de un millón de ebooks en amazon. A novela non é unha obra mestra pero se devora con facilidade e sen deixar de manter un rictus de sorrisa na faciana. De feito estarei atento a seguinte entrega, leva 10 libriños pero aquí, que vamos co freno de man posto, acaban de editar o primeiro. Entretido.