Archive for the ‘Xogos’ Category

Plink

Facía tempo que non posteaba xogos, pero levo un pedazo enganchado a este artefacto de software que deseñou Dinahmoe para Chrome (seguramente necesitedes este navegador para probalo). Plink é un sintetizador interactivo que permete “xogar” simultaneamente con varios usuarios, sobre unha base melódica sinxela vas introducindo os instrumentos que che apetezan premendo nas cores da esquerda. Absolutamente adictivo.

Sintetizador virtual

Entretido e adictico simulador de sons, as melodías minimalistas que reproduce son unha gozada.

Ulitsa Dimitrova

Alucinante xogo de Lea Schonfelder e Gerard Delmàs, que foi laureado nos principais festivais do 2010, Ulitsa Dimitrova desenvolve a historia dun neno mendigo nas rúas de San Petersburgo. Os debuxos, realizados cunha simplicidade simbólica, van describindo a realidade social da cidade onde o protagonista ten que roubar vodka para a súa nai prostituta, mercar tabaco ou evitar morrer conxelado.  Descargar xogo.


ZTYPE

Ztype é un xogo tremendamente aditivo, consiste en escribir á maior velocidade que poidades as verbas que van xurdindo como asteroides. Un bo exercicio para a memoria a curto prazo e acadar destreza co teclado.

Akinator

Akinator é un xogo en rede baseado nunha poderosa base de datos que permete facer adiviñanzas ao estilo “Cluedo”. Ten limitado o número de participantes, así que hai que ter paciencia para probalo, podo asegurarvos que resulta sorprendente.