Archive for the ‘Xeral’ Category

miniatur wonderland

Inspirados no belén de Begonte dous irmáns alemáns construiron esta bestialidade de maqueta, 1150 m2 e mais de 10 Km. de pistas, na que levan traballando dende o ano 2000 e esperan tela rematada no 2014 cando engadan a Estados Unidos, Suiza, Escandinavia, Alemania e Austria, as paisaxes de Francia, Italia e Inglaterra. 700 trenes con mais de 10.000 vagóns, 2.800 edificios, 4.000 coches, 160.000 figuras, 250.000 luces controladas por un sistema que imita a noite e o día de xeito automático… 500.000 horas e un costo de mais de 8 millóns de dólares. Alucinante.

Impresión


Lembro de cando era neno que meu pai me levaba á sede de “El progreso”, mentras el remataba os seus artigos eu deambulaba polo periódico como “Charlie” na “Fábrica de Chocolate”, un paseo máxico entre teletipos, tipógrafos, mecánicos da rotativa… Hoxe atopei este vídeo que me evocou aqueles momentos, todo un arte o da impresión, fáltalle ese cheirume a papel e tinta para rematar de empalagarme. Uhmmm!!!

O restaurador

Heal – Animated Trauma from Ghost Productions on Vimeo.

“Heal” é unha curta de animación da Ghost Productions para a  American Academy of Orthopaedic Surgeons, un traballo de divulgación científica sobre os modelos de itervención en traumatoloxía que opta polo divertimento e a creatividade para dar a coñecer os avances tecnolóxicos de esta disciplina médica. Brillante.

Terra


Unha paisaxe fascinante en Time-lapse filmada dende o satélite da Estación Espacial Internacional. Comeza no Pacífico e remata na Antártida.

Pintar

Ruel Pascual “To Hold You” Painting Process from ruelpascual on Vimeo.

Nos meus anos en Valencia compartín piso e vida cun grupo de pintores dos que só me quedan lembranzas cargadas de nostalxia, eran bos tempos para a lírica, encaixabamos os golpes baixos coa destreza dun faxador e rematabamos os meses con dietas de ovos fritos e arroz branco. Eu pasaba horas na habitación de Xurxo vendo como traxinaba cos pinceis para ir transformando o lenzo nunha película animada ata rematar cunha obra que nada tiña que ver coa primeira intención, ou eso era o que a mín me parecía. Hoxe atopei este vídeo de Ruel Pascual que me evocou ese proceso máxico xeneralmente restrinxido ao pracer onanista dos artistas, pintar.

Test da boneca


A directora de cine Kiri Davis desenvolveu un interesante proxecto que pretendía testear a autopercepción de nenos e nenas asociada á súa pertenza étnica, os resultados son sobrecolledores.

Oliver Sacks


Hai anos estiven moi interesado na psiconeuroloxía daquela lin algúns libros de divulgación científica que, ademais