Archive for the ‘Solidariedade’ Category

Día da muller

YANOYA from shishi yamazaki on Vimeo.

Pawel Kuczynski

En contraste co post anterior, onde o derroche de medios é obsceno, queda ista referencia a un dos artistas mais significativos da insurxencia gráfica. Pawel Kuczynski, un polaco que non dispón de espazo web, tal vez intencionadamente, e que instrumentaliza o seu arte cara a denuncia social dun xeito brillante, deixo ista Galería que atopei en Taringa.

Losers

Losers from Everynone on Vimeo.

Boísima curta de sensibilización respecto a necesidade de parar o bullying. “Losers” é un guiño aos perdedores e unha chamada de atención aos gañadores, a vida está cheíña de fracasos. Outra xoia de Everynone.

Stand up

Non son moitos os materiais para traballar a homofobia nos centros educativos, e algúns dos que existen seguen a crear certa incomodidade nos sectores mais recalcitrantes do profesorado e mais das familias, como consecuencia, e de xeito xeral, téndese a eludir a formación afectivo sexual nos colexios, un espazo da educación de valores incomprensiblemente valeiro. Deixo esta curta da asociación irlandesa “belongto” que traballa na defensa dos dereitos dos gays, lesbianas e bisexuais.

Experimento Comparte


“Nun mundo que ten capacidade para alimentar ao dobre da súa poboación, 3,5 millons de nenos e nenas morren de fame cada ano. Debemos aprender.”
Campaña de “Acción contra el hambre” “Experimento comparte

Unha historia de amor

A Love Story… In Milk from Catsnake on Vimeo.

Non puden resistir a tentación de compartir este vídeoclip da asociación “Friends of the earth“. Maxistral.

En clave de sol

Leo a carta de adhesión de Jose Luis Sampedro ao manifesto de “Democracia Real Xa” e volvo a mergullarme na utopía, os intelectuais apoian o movemento, volve a asomarse en min a crenza de que é posible mudar o sistema político e desmembrar a poderosísima feramenta de control financieiro que exerceu unha influenza devastadora no desenvolvemento de dúas xeracións, unha cegueira ideolóxica e de valores da que fomos contaxiados homes e mulleres, xentes con aparente xuízo crítico que se foron deixando levar por unha maquinaria perfecta de degradación humana, o obxectivo era a mellora da calidade de vida, agora falamos de subsistencia. Non sei onde rematará todo isto pero está a soar dentro de min unha música en “clave de sol” que me fai vibrar.

As rúas contra a guerra

Sokak Savaşa Karşı | Streets Against The War from sokak savasakarsi on Vimeo.

Impresionante vídeo contra a guerra do colectivo de artistas turcos “Sokak Savaşa Karşı“. Cunha estratexia de arte de guerrilla empapelan as calles con noticias de prensa das que foron recortadas imaxes que logo ensamblan nunha curta en slow motion. Visto en “A desgana, un blog imprescindible.

Ulitsa Dimitrova

Alucinante xogo de Lea Schonfelder e Gerard Delmàs, que foi laureado nos principais festivais do 2010, Ulitsa Dimitrova desenvolve a historia dun neno mendigo nas rúas de San Petersburgo. Os debuxos, realizados cunha simplicidade simbólica, van describindo a realidade social da cidade onde o protagonista ten que roubar vodka para a súa nai prostituta, mercar tabaco ou evitar morrer conxelado.  Descargar xogo.


Mary Coble

Na liña do post de Gema O´Brien, algo mais visceral, atopei esta performance de Mary Coble, unha artista loitadora pola liberdade de opción sexual que realizou “Blood Script“, unha durísima denuncia tatuando palabras despectivas utilizadas contra homes e mulleres homo e bisexuais, os caracteres están feitos con delicadas letras góticas para acentuar o contraste entre o contido e a forma, incluíu ademais un listado cos nomes de vítimas da violencia verbal e física por mor da súa opción sexual.  Despois de ter feitos os tatoos utilizou os corpos como imprentas para deixar copia en papel das mesaxes escritas co sangue, Bestial.

Test da boneca


A directora de cine Kiri Davis desenvolveu un interesante proxecto que pretendía testear a autopercepción de nenos e nenas asociada á súa pertenza étnica, os resultados son sobrecolledores.

Cumulous Brand

Dietrich Wegner

Hoxe é o día internacional da infancia e coincide cunha campaña de sensibilización fronte a pornografía infantil, unha iniciativa que leva desenvolvéndose dende hai uns anos para amosar o rexeitamento da comunidade bloguera á utilización sexual de nenos e nenas. Sigo a pensar que todo se restinxe a un exercicio individual de solidariedade para a denuncia dos sitios web nos que se difunde esta pornografía e ao compromiso persoal de non consumo de este tipo de contidos. Apúntome á iniciativa de Marcelino Madrigal, un tipo que leva anos na loita contra esta perversión e que decidiu prescindir da súa reivindicación xustamente no día de hoxe. Queda unha imaxe do proxecto “Cumulous Brand” de Dietrich Wegner, un australiano que realiza esculturas en silicona e mesmo tatua a nenos con imaxes e logotipos, pretendendo meditar sobre o desenvolvemento das nosas identidades.

Economaxia

Un aperitivo para "Lugo máxico 2010"

Pipas

Impresionante "performance" do polifacético artista chinésAi Weiwei que encheu a Tate Modern de Londres con 100 millóns de pipas feitas en cerámica e pintadas a man por 1.600 artesán que estiveron traballando mais de 6 anos no proxecto. Unha reivindicación do esforzo do traballo artesanal chinés, dende a extración da materia prima na mina, ata a posta no mercado das pezas.

Moneybart


Deixara un post de Banksy hai tempo, un iconoclasta da arte que inocula ironía en cada cousa que produce, a última e esta cabeceira dos Simpsons na que se ceba coa campaña de merchandising da serie e a derivación da produción a países subdesenvolvidos, parece que xa retiraron o videoclip de youtube.