Archive for the ‘Publicidade’ Category

AIDS


12 Nov


Campaña da axencia McCann para a prevención do contaxio por VIH a través de prácticas sexuais de risco.
Versión para mulleres.

L´Odyssée


26 Mar

Había tempo que non posteaba publicidade no blogue, pero este spot de Cartier deixoume tan abraiado que no me quedou outra que facerlle un recuncho na bitácora. Parece que tardaron dous anos en construír esta fermosura de cortametraxe pero visto o resultado mereceu a pena a espera. Bestial.

Jamie Caliri


07 Dec

Heart from Jamie Caliri on Vimeo.

Incríble este deseñador gráfico especializado en curtas promocionais, utilizando papel cartón fai unhas animacións dunha beleza extraordinaria. web

Ajorí


08 Nov

AJORÍ from photoAlquimia on Vimeo.

Ajorí é un proxecto de deseño do colectivo Photo Alquimia, unha empresa fai traballos dunha calidade estética incuestionable. Gustoume o vídeo da evolución dunha idea.

Curriculum vitae


18 Out

Skoda – Curriculum Vitae from weareflink on Vimeo.

Curradísimo spot publicitario de Skoda realizado por Weareflink traballando slowmotion e Origami. Unha auténtica xoia.

Derek Gores


05 Abr

Espectaculares collages do artista neoiorquino Derek Gores realizados con materiais de reciclaxe e orientados ao mundillo do marqueting.

Ver galería

Burn your mind


25 Xan


Na liña dos reality de moda na procura de talentos, Burn está a desenvolver un proxecto que inclúe un “casting” aberto para xente con habilidades especiais, buscan skaters, bikers, wakers… que aportan ese punto de creativiade que os desmarca da media, o obxectivo final é facer unha película sumando virtuosismo e calidade cinematográfica. Os vídeos promocionais son moi bos.

The art of title


08 Out


"The art of title sequence" é unha web adicada a recoller esas curtametraxes que precenden ás películas e series de televisión, todo un despliegue creativo encargado de epatar con contundencia ao espectador para capturar a súa atención dende o primeiro segundo, algúns dos esquecidos títulos de crédito son auténticas xoias, como exemplo esta espectacular entradilla para Dexter. 

Publi


13 Set

Teño entre os meus bookmarks algunhas empresas de publicidade que fan cousas fascinantes, entre elas está BBH un emporio de creatividade que merece unha visita. Os 40 segundos do spot publicitario son máxicos.

apnea

Un mergullo na rede