Archive for the ‘Música’ Category

100 Riffs


Un repaso á historia do Rock en 100 míticos riffs. Incrible o que se pode sacar dunha Fender Stratocaster.

Zoe Keating

Gústame moitísimo o cello, é o instrumento co sonido mais próximo á melancolía. O curioso é que, a parte dos concertos de clásica, poucas innovacións musicais xurdiron baseadas neste instrumento, hai uns anos unha amiga cellista regaloume un DVD de Apocalyptica, un grupo de músicos fineses que dende o ano 1996 crearon unha poderosa banda de Heavy cos seus cellos. Hoxe atopei a Zoe Keating, unha canadiense que utilizando o sampling consegue composicións dunha beleza extraordinaria.

Alela Diane

Había tempo que non lle adicaba un post a acústica. Alela Diane é unha cantautora norteamericana cunha voz de country que fai cousas moi interesantes experimentando cun estilo algo menos folklórico sen perder esa esencia Yankee. Aínda que esta música me resulte un pelín empalagosa, escoitar un par de temas non está de mais.

Keaton Henson

Keaton Heaton un novo músico indie que debuta cun album fantástico: “Dear”. A súa voz lembra á de Brett Dennen pero cun sonido mais íntimo. Para os adictos á melancolía un auténtico descubrimento.

Strawbear – Hallway Session from Keaton Henson on Vimeo.

The 4 Of Us

The 4 of us son unha vella banda irlandesa creada na década dos 80, neste ano 2012 volveron a sacar outro traballo que mantén o mesmo espíritu acústico co que iniciaron a súa andaina. O artífice de todo isto é Brendan Murphy fundador do grupo xunto ao seu irmao Declan e únicos integrantes na actualidade. Inclúos na base de datos de acústica e deixo o enlace a un concerto acústico de xaneiro de 2011.

Matthew Santos

Unha nova aportación á base de datos musical do blogue, Matthew Santos, un artista múltiple xa que ademais da música adicase á pintura, o seus sons son unha miscelánea de ritmos que a min me resultaron cautivadores, a súa voz ten unha textura elegante e melancólica que resulta perfecta para acompañar a lectura.

Benjamin Francis Leftwi

Unha nova promesa no mundillo da acústica, Benjamin Francis Leftwi un cantante británico de 23 anos que se nutre dos “clásicos” escoitando aos Rolling Stones, Nina Simone, Nick Drake, Bob Dylan ou Elliott Smith. Os seus últimos traballos dice estar inspirados nos Arcade Fire, Ryan Adams, e Bruce Springsteen. O seu primeiro album “O fume antes da última tormenta de neve”, editado en xullo de 2011, non ten desperdicio.

Camera Obscura

Non sei se vos ten pasado a vós pero en ocasións enganchas cun tema dun xeito paranoide, escoitalo, e volves a escoitalo, e volves… Unha especie de trastorno obsesivo-compulsivo que produce a música e que resulta inexplicable, hoxe enchfueime con este “Razzle Dazzle Rose” de Cámera Obscura, unha banda de Glasgow de música Indie que leva 4 discos editados fantásticos, pero coño é que este tema meteuseme no miolo, ese ritmo, esa tromepta… Bufff!!! Y este cover qué?

Linsey Pollack

Linsey Pollack é un polifacético músico australiano, un luthier de instrumentos fabricados con obxectos imposibles que é capaz de reconverter para facelos sonar como auténticos clarinetes, saxos… Coa axuda do sampling e unha dose de hilaridade fai cousas espectaculares. No vídeo transforma unha mangueira de xardín nun clarinete contrabaixo. Boísimo.

Russian Red

Levaba tempo no macuto do blogue “Russian Red” ou o que o mesmo Lourdes Hernández, vocalista e compositora que se fixo cun recunchuiño na música Indie a nivel internacional, esta madrileña de 26 anos optou polo inglés para os seus temas, unha lingua que se achega dun xeito especial ao son indie, o seu último disco “Fuerteventura” grabado en Glasgow o pasado ano, é unha pasada.

Miles Jen Gloeckner

Tremendísima muller Miles Jen Gloeckner, a súa voz é demoledora, ten unha potencia descomunal que prevalece nas súas cocmposicións por riba da instrumentación, unha Janis Joplin reinventada. Ten duas xoias de Cds “Miles away” editado no 2005 e o recente “Mouth of Mars” do 2010, imprescindible. Deixo este vídeoclip que lilustrou con fotos de Dan Busta.

Jen Gloeckner – Haunt You from fotomuse on Vimeo.

Adam Cohen

Adam Cohen, o vástago de Leonard, ten herdado a xenialidade do pai, cunha solución de continuidade que parece deseñada polos mesmos deuses para evitar que esmoreza a vena artística deste incomensurable rapsoda, Adam mimetiza con poucos matices novedosos o ata agora personalísimo estilo do pai, quedanlle anos para que a súa voz vaia sumindose nas profundidades da gorxa e poder extraer ese son de contrabaixo made in Cohen, pero trazas ten este rapaz, o seu último traballo “Like a man” é unha preciosidade.

Beth Orton

Beth Orton é unha polifacética música inglesa que se move entre multitude de estilos, dende o folk e o indie ata o Jazz. Tardou en iniciar a súa carreira musical pro mor de mil vicisitudes que incluiron traballos en precario, e anos de reflexión budista en Tailandia trala morte por cáncro da súa nai. O resultado de toda esta vida desproporcionada é unha muller trotamundos que posúe unha solidez artísitica excepcional. O vídeo que deixo posteado é unha auténtica fermosura que se marca xunto a Terry Callier.

James Blake

James Blake é un cantante inglés que irrumpiu no mercado nusical do 2011 cun album homónimo que é unha auténtica xoia. A súa voz lembra a Antony and the Johnsons, cunha potencia e unha delicadeza sobrecolledoras. Estou seguro de que dará que falar. Neste ano ten previsto publicar un traballo con versións de “folclóricos” españois, Manolo Escobar, Lola Flores… Non remato eu de ver como casa o touciño coa velocidade pero…cousas veredes amigo Sancho.

Swing of change

Hai uns días falaba cun amigo sobre a capacidade que posúe a música para producir modificacións neurolóxicas, quedou en pasarme “Musicofilia” de Oliver Sacks no que conta en tono divulgativo, na liña de “Pantasmas no cerebro” de Ramachandrán, como o son é capaz de despertar zonas cerebrais danadas. Á espera do libriño, deixovos esta extraordinaria curta na que un barbeiro vai transmutando os seus gustos musicais e mesmo ideolóxicos coa axuda dunha trompeta máxica, maxistral. Swing of change.

Swing of Change from Swing of Change on Vimeo.