Archive for the ‘Informática’ Category

Prezi

Dipity

Esta temporada ando traballando co “Dipity“, unha aplicación que permete construír eventos sobre unha liña de tempo e que resulta perfecto para facer presentacións en rede, incorporando unha chea de recursos: imaxes, vídeos, documentos, etc. Moi recomendabel para a xente que desenvolve o seu labor no ámbito da formación. Eu estou a utilizar a versión “free” que inclúe un molesto bombardeo de publicidade nun dos paneis laterais, eso si, nada que non se poida resolver pagando.

QR Codes


Os QR Codes son unha nova forma de linguaxe tecnolóxica que estan a abrirse camiño a pasos axigantados, unha imaxe que contén información cifrada de vídeos, fotografía, o noso CV…. que pode ser lida coa cámara dos smartphones e un software gratuíto (Bidi, scanlife…). Futúro.

Art project

Levo toda a tarde de museos, esta xente de google non deixa de sorprenderme, rematarei cunha dependencia patolóxica a esta empresa da que algún compañeiro xa sospeita que está a artellar unha nova forma de colonización silenciosa das nosas vidas, o certo é que cada movemento googleiano supón un canto de sirena para os que andamos rodando pola rede na procura de información, unha perversión como outra calquera que xa veredes como será obxecto de intervención psicolóxica en breve. Non me digades que isto do Google Art Project non é unha pasada.

bq readers

Regaláronme un “bq readers“, un deses trebellos que permeten levar no macuto a biblioteca de Alexandría, e tardei en afacerme a el porque o proceso para a seleción da lectura é xustamente o inverso ao que eu practicaba, en vez de escoller un libro axeitado á miña demanda, tiña que ler o que se me ofertaba, unha especie de adopción literaria de obras orfas entre as que atopei a Plutarco, Aristóteles e outros habitantes do cemiterio de libros esquecidos. Agora xa depurei un pouco a búsqueda e atopei unhas cuantas páxinas para a descarga de contemporáneos (Bibliotheka, que de libros…). Aínda así normalmente as obras requiren dunha reedición para adaptalas ao formato do bq, tentei co programa calibre, sen moito éxito, ata que atopei este minititorial que optimiza o texto á perfeción a cambio de botarlle un tempiño para “cociñalo” cun editor de textos, toda unha liturxia previa á lectura que non cambio nin de coña pola ceremonia de pasear os ollos e as mans pola pel dos libros nunha boa librería. Terei que aprender a convivir co futuro.

Pingtest

Pingtest e Speedtest son un par de páxinas para testear a nosa conexión á rede, a primeira fai unha busca do servidor mais óptimo e unha vez detectado mide o ping ofrecendo unha estimación da calidade da nosa conexión, a segunda é unha proba de velocidade moi semellante á do velocímetro de R.

Moomeo

Hai millóns de usuari@s do correo web, infinidade de tip@s que derrochan creatividade en formato epistolar que se vai desvanecendo en cadeas de reenvíos ata morrer. Moomeo é unha aplicación gratuita en rede que permete converter o contido dos e-mails en contido web de xeito automático,  o procedemento é moi doado, enviando o correo que queres converter en páxina web á seguiente dirección: post@moomeo.com. Moomeo procesará a túa solicitude e en menos de 2 minutos, xa terás no teu correo o enlace da página web creada. Abracadabra.

Antivirus on line

Housecall é unha aplicación gratuita para chequear en rede os virus do noso ordenata, agora que parece poñerse de moda o software on line, non está mal dispor dun doutor permanentemente actualizado, este programilla scanea o sistema na procura de “bichiños” e eliminaos cunha rapidez excepcional, só está disponible en “english” pero é dunha simplicidade inusual.

Start House Call