Archive for the ‘Educación’ Category

Aprendizaxe dialóxico

aprendizaje dialógico
Enlace a documentación relacionada co modelo de aprendizaxe dialóxico.

Indefensión aprendida


Vídeo sobre un experimento nunha aula para construír unha situación de “indefensión aprendida”. A pesares de ser unha práctica habitual no proceso de ensino, é curiosa a cegueira de moitos docentes para percibir situacións como esta, si a esto se lle engade o “efecto Rosenthal” (cómo as espectativas do profesorado inflúen no rendimento do alumnado) temos un coctel devastador e imperecedeiro, xénese do fracaso escolar.

Mapas mentais

O departamento de innovación e sociedade do coñecemento da Diputación de Guipuzcoa colgou na rede un interesante cursiño sobre mapas mentais. Inclúe un test para detectar o hemisferio dominante, regras para a elaboración dos mapas cognitivos e exempros práticos. Interesante.

O restaurador

Heal – Animated Trauma from Ghost Productions on Vimeo.

“Heal” é unha curta de animación da Ghost Productions para a  American Academy of Orthopaedic Surgeons, un traballo de divulgación científica sobre os modelos de itervención en traumatoloxía que opta polo divertimento e a creatividade para dar a coñecer os avances tecnolóxicos de esta disciplina médica. Brillante.

Losers

Losers from Everynone on Vimeo.

Boísima curta de sensibilización respecto a necesidade de parar o bullying. “Losers” é un guiño aos perdedores e unha chamada de atención aos gañadores, a vida está cheíña de fracasos. Outra xoia de Everynone.

Stand up

Non son moitos os materiais para traballar a homofobia nos centros educativos, e algúns dos que existen seguen a crear certa incomodidade nos sectores mais recalcitrantes do profesorado e mais das familias, como consecuencia, e de xeito xeral, téndese a eludir a formación afectivo sexual nos colexios, un espazo da educación de valores incomprensiblemente valeiro. Deixo esta curta da asociación irlandesa “belongto” que traballa na defensa dos dereitos dos gays, lesbianas e bisexuais.

Experimento Comparte


“Nun mundo que ten capacidade para alimentar ao dobre da súa poboación, 3,5 millons de nenos e nenas morren de fame cada ano. Debemos aprender.”
Campaña de “Acción contra el hambre” “Experimento comparte

Prezi

Dipity

Esta temporada ando traballando co “Dipity“, unha aplicación que permete construír eventos sobre unha liña de tempo e que resulta perfecto para facer presentacións en rede, incorporando unha chea de recursos: imaxes, vídeos, documentos, etc. Moi recomendabel para a xente que desenvolve o seu labor no ámbito da formación. Eu estou a utilizar a versión “free” que inclúe un molesto bombardeo de publicidade nun dos paneis laterais, eso si, nada que non se poida resolver pagando.

bq readers

Regaláronme un “bq readers“, un deses trebellos que permeten levar no macuto a biblioteca de Alexandría, e tardei en afacerme a el porque o proceso para a seleción da lectura é xustamente o inverso ao que eu practicaba, en vez de escoller un libro axeitado á miña demanda, tiña que ler o que se me ofertaba, unha especie de adopción literaria de obras orfas entre as que atopei a Plutarco, Aristóteles e outros habitantes do cemiterio de libros esquecidos. Agora xa depurei un pouco a búsqueda e atopei unhas cuantas páxinas para a descarga de contemporáneos (Bibliotheka, que de libros…). Aínda así normalmente as obras requiren dunha reedición para adaptalas ao formato do bq, tentei co programa calibre, sen moito éxito, ata que atopei este minititorial que optimiza o texto á perfeción a cambio de botarlle un tempiño para “cociñalo” cun editor de textos, toda unha liturxia previa á lectura que non cambio nin de coña pola ceremonia de pasear os ollos e as mans pola pel dos libros nunha boa librería. Terei que aprender a convivir co futuro.

Ulitsa Dimitrova

Alucinante xogo de Lea Schonfelder e Gerard Delmàs, que foi laureado nos principais festivais do 2010, Ulitsa Dimitrova desenvolve a historia dun neno mendigo nas rúas de San Petersburgo. Os debuxos, realizados cunha simplicidade simbólica, van describindo a realidade social da cidade onde o protagonista ten que roubar vodka para a súa nai prostituta, mercar tabaco ou evitar morrer conxelado.  Descargar xogo.


A boa sorte

Entre medias da lectura do último tocho de Ken Follet roubeille ao meu fillo Nacho “La buena Suerte: claves de la prosperidad” un libriño pequeno de Alex Rovira e Fernando Trías  de Bes recomendado obrigatoriamente pola súa profe de lingua,  tíñame todo o aspecto de manual de autoaxuda, deses destinados ás persoas que necesitan un psicólogo na mesiña de noite que lles poida facilitar aos lectores a caída nos brazos de Morfeo cunha frase brillante que resuma a bondade das incongruencias das que foron vítimas polo día, e non me equivoquei, estes autores recorren a unha sinxela fábula para ir descubrindo as 10 regras da boa sorte e unha moralexa: “A boa sorte únicamente consiste en crear circunstancias”. Os que nos criamos baixo a perspectiva de que o éxito está asociado ao tráfico de influenzas teríamos que agradecer que alguén lles abrira os ollos aos nosos fillos para que comezaran a crer neles mesmos e na potencia do esforzo persoal para obter resultados plausibles nas metas que se van propoñendo, xa, pero resulta que a boa sorte existe, e existe coa mesma azarosa incertidume do xogo da lotería, só hai que votar un vistazo ao noso redor para mudar a orientación da lectura cara ao “Principio de Peter” ou a “Ley de Murphy”. E senon que nolo explique algún controlador ou mesmo o noso presi.

Mudando paradigmas


Xa deixara un post dunha conferencia maxistral de Ken Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta indispensabel do proceso educacional, hoxe atopei este inusual video clip no que se traduce en imaxes o seu discurso respecto das patoloxías asociadas aos actuais modelos paradigmáticos dos sistemas educativos, algunhas apreciacións son cuestionabels, pero en termos xerais tanto o contido como a forma son dunha brillantez desproporcionada.

Copier-cloner


Excelente curta de Louis Rigaud caricaturizando os problemas asociados á combinación de industria agroalimentaria e a biotecnoloxía.