Archive for the ‘Performance’ Category

Snow Drawings

Teño deixado post de arte efímera pero este traballo de Sonja Hinrichsen é espectacular. Baseándose nas liñas de Nazca vai construíndo debuxos utilizando a neve como soporte. Coa axuda de 5 voluntarios desprazouse ás montanas de Colorado para facer esta fabulosa xeometría. Ver Galería

Snow Circles from Beauregard, Steamboat Aerials on Vimeo.

Written With Dancers


Xa teño posteado outros traballos de Guillaume Reymond, como Game Over, este creativo consegue impremer nas súas obras un punto de hilaridade e de frescura que non desentona coa brillantez das súas produccións, esta performance para a festa da danza é xenial.” NOTsoNOISY

Tony Orrico

Tony Orrico é un artista e performer que utiliza o seu corpo como un compás para construir as súas obras, nunha mistura de coreografía e debuxo, vai creando composicións fisio-xeométricas.

Penwald: 2: 8 circles from Tony Orrico on Vimeo.

As rúas contra a guerra

Sokak Savaşa Karşı | Streets Against The War from sokak savasakarsi on Vimeo.

Impresionante vídeo contra a guerra do colectivo de artistas turcos “Sokak Savaşa Karşı“. Cunha estratexia de arte de guerrilla empapelan as calles con noticias de prensa das que foron recortadas imaxes que logo ensamblan nunha curta en slow motion. Visto en “A desgana, un blog imprescindible.

Mary Coble

Na liña do post de Gema O´Brien, algo mais visceral, atopei esta performance de Mary Coble, unha artista loitadora pola liberdade de opción sexual que realizou “Blood Script“, unha durísima denuncia tatuando palabras despectivas utilizadas contra homes e mulleres homo e bisexuais, os caracteres están feitos con delicadas letras góticas para acentuar o contraste entre o contido e a forma, incluíu ademais un listado cos nomes de vítimas da violencia verbal e física por mor da súa opción sexual.  Despois de ter feitos os tatoos utilizou os corpos como imprentas para deixar copia en papel das mesaxes escritas co sangue, Bestial.