Archive for the ‘Arte’ Category

O xardín colgante


28 Abr

Estreneime con Javier Calvo lendo a súa última novela, premio Biblioteca breve de 2012. Este singular escritor enreda realidade e ficción nunha trama policíaca que discurre na época da tansición e na loita antiterrorista xogando coa esquizofrenia do humor e a violencia dun xeito divertidísimo. As persoaxes parecen extraídas dun comic e algún deles, como o axente do CSID Lao con Síndrome de Asperger, poderá dar moitísimo xogo nunha presumible continuidade da saga. En definitiva, “El jardín colgante” é un coctel explosivo de historia, ficción e novela negra, escrita cunha sagacidade e un estilo tremendamente atractivos. Recomendable.

Réflexion


23 Abr


Extraordinaria curta de animación con un toque expresionista realizada polo estudio francés Planktoon o tratamento das imaxes e a banda sonora son unha pasada.

O lector de Julio Verne


22 Abr

Son “Almudenadicto”, o confeso, asi que non teño moita credivilidade entre os amigos cando falo das bondades literarias desta muller, pero e que a parte da sua calidade como escritora, esta señora ten unha implicación ideolóxica absolutamente encomiable, estou seguro de que esa significación política estalle a costar o recoñecemento que verdadeiramente lle corresponde, porque non teño dúbida de que se trata dunha das mais grandes escritoras que deu este país.
O lector de Julio Verne” é a segunda entrega dos “Episodios dunha guerra interminable” non ten a pegada de “Inés y la alegría” pero segue a ser un libro excepcional por esa capacidade de novelar relatos sinxelos facéndolles medrar no texto ata conseguir a trascendencia que lle foi roubada pola historia. Como sempre, moi recomendable.

O vello e o mar


21 Abr

the old man and the sea from Marcel Schindler on Vimeo.

Non sei si lembrades a novela de Hemingway, esa que a partires de certa idade tivemos que ler todos os nenos na escola e que se salva do Fahrenheit 451 ao que condenaría á maior parte dos libros infumables que teñen que engullir os pequenos, pero Marcel Schindler axudanos coa memoria nesta curta en time lapse que rebosa xenialidade.

L´Odyssée


26 Mar

Había tempo que non posteaba publicidade no blogue, pero este spot de Cartier deixoume tan abraiado que no me quedou outra que facerlle un recuncho na bitácora. Parece que tardaron dous anos en construír esta fermosura de cortametraxe pero visto o resultado mereceu a pena a espera. Bestial.

Su Blackwell


24 Mar

No 2008 adiqueille un post a Su Blackwell unha auténtica artista do origami, hoxe remexendo volvín a atoparme coa súa páxina e quedei novamente fascinado cos seus traballos. Para quen non pique no post queda este vídeo comercial que fixo para as bodegas Beringer, ten 4 anos pero non pasa o tempo por el. ver making of.

Paul Cadden


23 Mar

Outro mestre do hiperrealismo Paul Cadden, fai un par de anos deixaba un post do chinés Paul Lung un artista do que decía que utilizaba o lápis como se fose unha cámara fotográfica, pero este escocés ten un talento semellante ou incluso superior, facer un debuxo lévalle entre 3 e 6 semans. Alucinante. Ver galería

Inspirations


13 Mar

Cristóbal Vila é un zaragozano que fai animacións en 3d dunha calidade excepcional. Para Inspirations baseouse na obra de M.C. Escher tratando de “imaxinar cómo podería ser o seu lugar de traballo, de qué cousas se rodearía u artista como él, tan profundamente interesado pola ciencia en xeral e as matemáticas en particular. Todo dunha forma completamente imaxinaria, libre e inventada”. O resultado é esta pequena xoia que ademais utiliza como banda sonora unha composición do islandés Ólafur Arnalds do que vos recomendo unha visita á súa páxina.

INSPIRATIONS from Cristóbal Vila on Vimeo.

Solipsist


09 Mar

SOLIPSIST é unha curta de cine experimental do director Andrew Thomas Huang que gañou o premio especial do xurado no festival de cine de Slamdance 2012. Efectos especiais, cor e imaxinación. Moi currado. O solipsismo “é a crenza metafísica de que o único do que un pode estar seguro é da existencia da súa propia mente, a realidade que aparentemente nos rodea é incognoscible e pode non ser mais que unha parte dos estados mentais do propio ego. De xeito que, todos os obxectos, persoas, etc., que un experimenta serían meramente emanacións da nosa mente e, polo tanto, a única cousa da que poderíamos ter seguridade é da existencia de un mesmo”.

SOLIPSIST from Andrew Huang on Vimeo.

Motoi Yamamoto


07 Mar

Outro artista do efímero, Motoi Yamamoto é un escultor e performer que utiliza sal como elemento das súas esculturas, a beleza das súas composicións é abraiante. En Asia o sal é un símbolo de purificación. Ver galería.

Xente letal


05 Mar

Ando estes días enzoufado con varios libros, cousas do mais ecléctico que van dende titoriais a manuais de autoaxuda, estou cada día mais acabado, o caso é que tiña encargada unha noveliña na miña librería e non chegou a tempo, así que para baixar o mono de thriller que teño escollín a primeira entrega da saga de Donovan Creed un ínclito axente da CIA e asasino nos seus ratos libres, persoaxe creado por John Locke (non é o empirista), un tipo que pasou das editoriais para apostar pola independencia e conseguiu vender mais de un millón de ebooks en amazon. A novela non é unha obra mestra pero se devora con facilidade e sen deixar de manter un rictus de sorrisa na faciana. De feito estarei atento a seguinte entrega, leva 10 libriños pero aquí, que vamos co freno de man posto, acaban de editar o primeiro. Entretido.

The Chase


26 Feb

Para tod@s os que gostedes da acción, sentadevos tranquilos e desfrutade cada segundo destes 12 minutos gloriosos de cinema de animación. O pai da criatura é o chileno Tomás Vergara que despois de esta opera prima non nos vai quedar outra que estar ben atentos ao seu traballo. Maxistral. ver web (moi recomendable)

The Chase (2012) – 3D Animated Action Short Film from Tomas Vergara on Vimeo.

Snow Drawings


22 Feb

Teño deixado post de arte efímera pero este traballo de Sonja Hinrichsen é espectacular. Baseándose nas liñas de Nazca vai construíndo debuxos utilizando a neve como soporte. Coa axuda de 5 voluntarios desprazouse ás montanas de Colorado para facer esta fabulosa xeometría. Ver Galería

Snow Circles from Beauregard, Steamboat Aerials on Vimeo.

Heikki Leis


14 Feb

Heikki Leis é un artista nado en Estonia que se especializou no debuxo hiperrealista, aínda que abrangue outras disciplinas como a escultura ou a fotografía, os seus traballos a lápis e carboncillo son alucinantes. Ver Galería 1 Ver Galería 2

A man invisible


13 Feb

Facía tempo que non leía unha novela social, pero aínda quedan escritores que instrumentalizan o seu traballo cara os desfavorecidos e comprométense na denuncia da opresión, xente que utiliza a literatura como unha “arma cargada de futuro” e que non deixa de empuñala loitando para esclarecer a nosa fatídica realidade. Isaac Rosa recolle en “La mano invisible” a alienación do traballo, rutinas silenciosas instauradas nas nosas vidas que corroen toda a nosa existencia, patróns de comportamento patolóxicos que se instalan subliminalmente no noso modus vivendi e que nos fan ser actores dunha farsa. O fai colocándonos como espectadores dunha performance na que as persoaxes representan a traballadores traballando, cunha narración agotadora, as veces reiterativa, vai desmenbrando cada oficio, mergullándose na cotidianeidade dos obreiros, interpretando os seus pensamentos e a sinrazón do traballo que se perpetúa por mor dunha man invisible. É unha obra dura e fatigosa, pero moi recomendable.

apnea

Un mergullo na rede