Archive for the ‘Fotografía’ Category

Peter Funch

"Babel Tales" é un excepecional traballo do fotógrafo danés Peter Funch, unha sucesión de imaxes urbáns que utilizan unha cor, un obxecto ou un xesto como nexo entre persoas que deambulan pola cidade, un momento de complicidade colectiva aparentemente expontánea que resulta fascinante. 

Horacio Salinas

Horacio Salinas é un fotógrafo que derrocha imaxinación nas súas composicións, traballa para o New York Time Magazine e no mundillo da moda. Un icono do conceptualismo que merece unha ollada.
Ver galería

Pobre de min

O San Fermín terá os seus detractores, eu non estiven nin teño ningún interese en acudir, tampouco son taurino, pero hai que recoñecerlle a estas festas un poder de convocatoria inigualábel. A revista dixital "The big Picture" adícalle unha reportaxe gráfica excepcional.
Ver imaxes