Archive for the ‘Escultura’ Category

Katsumi Hayakawa

Traballos de origami do xaponés Katsumi Hayakawa que fabrica esculturas de papel cronstruíndo estructuras complexas a partires de modulacións cúbicas sinxelas. Incríble.

Cumulous Brand

Dietrich Wegner

Hoxe é o día internacional da infancia e coincide cunha campaña de sensibilización fronte a pornografía infantil, unha iniciativa que leva desenvolvéndose dende hai uns anos para amosar o rexeitamento da comunidade bloguera á utilización sexual de nenos e nenas. Sigo a pensar que todo se restinxe a un exercicio individual de solidariedade para a denuncia dos sitios web nos que se difunde esta pornografía e ao compromiso persoal de non consumo de este tipo de contidos. Apúntome á iniciativa de Marcelino Madrigal, un tipo que leva anos na loita contra esta perversión e que decidiu prescindir da súa reivindicación xustamente no día de hoxe. Queda unha imaxe do proxecto “Cumulous Brand” de Dietrich Wegner, un australiano que realiza esculturas en silicona e mesmo tatua a nenos con imaxes e logotipos, pretendendo meditar sobre o desenvolvemento das nosas identidades.

Pipas

Impresionante "performance" do polifacético artista chinésAi Weiwei que encheu a Tate Modern de Londres con 100 millóns de pipas feitas en cerámica e pintadas a man por 1.600 artesán que estiveron traballando mais de 6 anos no proxecto. Unha reivindicación do esforzo do traballo artesanal chinés, dende a extración da materia prima na mina, ata a posta no mercado das pezas.

Johan Hybschmann

O traballo de escultura sobre libros do arquitecto Johan Hybschmann lembra as anatomías de Brian Dettmer ou as esculturas de Su Blackwell. A perspectiva que consegue mediante cortes de precisión realizados con laser é incrible.
+