Archive for the ‘Escultura’ Category

Kumi Yamashita


22 Xuñ

Xa tiña posteado hai anos a Kumi Yamashita polos seus traballos de “shadow art“, pero este polifacético artista xaponés sorprende permanentemente con cousas extraordinarias, como os retratos feitos con puntas e fío que lembran a atividade artística penitenciaria, penso que aínda me queda algunha figura psicodélica, regalo dun interno, para lembrar o meu paso pola cadea. Obviamente moito mais burda.

David Oliveira


20 Xuñ

David Oliveira, un escultor que debuxa con ferro en tres dimensións. O seu blogue.

Su Blackwell


24 Mar

No 2008 adiqueille un post a Su Blackwell unha auténtica artista do origami, hoxe remexendo volvín a atoparme coa súa páxina e quedei novamente fascinado cos seus traballos. Para quen non pique no post queda este vídeo comercial que fixo para as bodegas Beringer, ten 4 anos pero non pasa o tempo por el. ver making of.

Motoi Yamamoto


07 Mar

Outro artista do efímero, Motoi Yamamoto é un escultor e performer que utiliza sal como elemento das súas esculturas, a beleza das súas composicións é abraiante. En Asia o sal é un símbolo de purificación. Ver galería.

Lisa Nilsson


09 Feb

Pezas feitas con papel de morera xaponesa e bordes dourados de libros antígos. Construense mediante unha técnica de rodar e dar forma ás tiras estreitas de papel que se chama “quilling” ista técnica practicouse por primeira vez polas monxas e monxes do Renacemento que fixeron uso artístico dos bordes dourados das biblias, e mais tarde polas damas do século 18 onde se puxo de moda. Os traballos de Lisa Nilsson amosan seccións tranversais do corpo humano. Ver Tissue Series

Rashad Alakbarov


31 Xan

Un artista azerbaijano que se convertiu no Platón do século XXI, a partires de mateirais de reciclado consegue formas espectaculares coa proxección da súa sombra. Non ten páxina web pero algúns do seus traballos están colgados no seu Face. Visita obrigada.

Joe Black


27 Xan

Chamativas composicións de Joe Black, un artista que fai uso de materiais de refugallo como o plástico para envolver, ou utiliza mais de 5500 figuriñas de soldados para facer un puzzle de cores na que se aprecia a faciana dun soldado chinés… A súa páxina merece unha visita.

Horst Kiechle


21 Xan

Horst Kiechle é un arquitecto australiano coñecido polas súas archisculptures, unha mixtura de arquitectura e escultura, a súa última obra consiste nun torso de papel ao que foi engadindo cada un dos órganos que o compoñen, un traballo de origami espectacular.

miniatur wonderland


05 Xan

Inspirados no belén de Begonte dous irmáns alemáns construiron esta bestialidade de maqueta, 1150 m2 e mais de 10 Km. de pistas, na que levan traballando dende o ano 2000 e esperan tela rematada no 2014 cando engadan a Estados Unidos, Suiza, Escandinavia, Alemania e Austria, as paisaxes de Francia, Italia e Inglaterra. 700 trenes con mais de 10.000 vagóns, 2.800 edificios, 4.000 coches, 160.000 figuras, 250.000 luces controladas por un sistema que imita a noite e o día de xeito automático… 500.000 horas e un costo de mais de 8 millóns de dólares. Alucinante.

Alexander Korzer Robinson


28 Dec

Tiña posteado no blogue vello a algúns escultores de libros, como Alex keral ou Brian Brettmer, hoxe atopei a Alexander Korzer Robinson un alemán asentado en Inglaterra que disecciona os libros páxina a páxina como un destripador na procura da súa esencia “Ao lembrar os libros do noso propio pasado, certos fragmentos permanecen connosco, mentras que outros desvanecense co tempo – palabras e frases, as imaxes mentais que fomos creando, a forma na que as historias que nos fixeron sentir e os pensamentos que inspiran. Na nosa memoria crease unha nova narrativa dos fragmentos, as veces móvese lonxe do contido orixinal. Isto é, de feito, o mesmo modo en que recordamos a nosa vida – un relato sempre cambiante formado a partir de fragmentos. Este proceso na súa maioría inconscente dos xuízos de valor e da coincidencia é o que me interesa como artista e como psicólogo”.
Ver Galeria

Anthony Cragg


01 Dec

Tony Cragg é un escultor británico que fai un uso ecléctico dos materiais cos que constrúe as súas obras, as series de dados ou as feitas con reciclados son sorprendentes.

Theo Jansen


04 Out

Theo Jansen é un enxeñeiro e escultor holandés que construe macroesculturas móviles con obxectos reciclados, no vídeo aparece unha nova forma de vida feita con garrafas de plástico e rodas de bicicleta que se propulsa coa enerxía do vento. Absolutamente alucinante.

Gavin Worth


27 Set

Gavin Worth é un polifacético artista nado en Zimbabwe que abrangue unha cantidade bestial de disciplinas, pintura, origami, deseño gráfico e escultura. Nesta última chamaronme a atención os traballos feitos con arame, como se fosen debuxos a pluma en tres dimensións, ou disposicións aparentemente amorfas que cobran sentido ao atopar a perspectiva axeitada, el fala dunha búsqueda de complicidade co observador para descubrir o sentido da obra.

Wire sculpture by Gavin Worth from Gavin Worth on Vimeo.

Art book


31 Xan

Teño deixado outros post sobre a espectacularidade do “art book“. Hoxe atopei o traballo de Isaac Salazar que consegue construír esculturas pregando páxinas de libros. Alucinante.

Jill Sylvia


30 Nov

Espectaculares traballos en origami da escultora Jill Sylvia, ademais das maquetas de edificios emblemáticos, como o “Capitolio” ou a “Casa Branca”, a disección milimétrica de libros constitúe un exercicio de minuciosidade oriental absolutamente incrible.

apnea

Un mergullo na rede