Archive for the ‘Debuxo’ Category

John Sokol

Interesantes traballos do artista estadounidense John Sokol, pese ao polifacético da súa obra eu quedeime cos retratos escritos de distintos persoaxes relacionados coa arte a política e a literatura. Ver galería.

Dana Tanamachi

Aurora descubriume á deseñadora gráfica Dana Tanamachi unha muller que escolleu a pizarra e a tiza como medio de expresión tipográfica.

The By & By from Dana Tanamachi on Vimeo.

Dirk Dzimirsky

Na liña de Glenn Priestley,  só que cunha sobredose de hiperrealismo, está Dirk Dzimirsky. Un artista freelance alemán que manexa o lápis e o carboncillo coma si se tratara dunha cámara fotográfica.

Ver portfolio / Blog

Glenn Prietsley

Estes días volvín a coller o lápis para relaxar a cabeza, unha terapia máxica moi recurrente na psiquiatría para tratar as neuroses que parece ter caído en desuso fronte a rapidez e eficacia da farmacoloxía, unha mágoa, porque independentemente da xenialidade dos virtuosos do grafito, facer garabatos é un exercicio de saúde mental incomparable. Sen pretender desanimar aos patoloxizados deixo a obra de Glenn Priestley, un canadiense que lle saca un atípico partido ao carbón.

Thouguht of you

Thought of You from Ryan Woodward on Vimeo.

Curta de animaciónde Ryan Woorward construida cunha simplicidade insultante, derrocha unha beleza que soamente é patrimonio da danza e o debuxo. Preciosa.

Gemma O´Brien

Gemma O´Brien é unha xove artista australiana que debuxa caracteres tipográficos no seu corpo, 8 horas de traballo facendo composicións con distintos tipos de letras para ofrecernos uns resultados estéticamente fantásticos.
O seu blogue “For the love of type

Fredo

O artista chileno Fredo posúe un talento excepcional, con tan só 17 anos, fai estes alucinantes debuxos en 3D que lembran ás obras de M.C. Escher.

Jesse Starr

Hai un par de anos fixen un post sobre o incrible traballo do "bic-realista" Juan Francisco Casas. Jesse Starr é outro dos artistas que utilizan o bolígrafo como ferramenta para o retrato, a calidade que consegue nas imaxes é case fotográfica. En Christopher Walken gastou 7 bolis bic en 30 horas de traballo, impresionante.
Ver galería