Archive for the ‘Debuxo’ Category

Xiaonan Sun

Xiaonan sun é un artista norteamericano especializado no retrato a lápis, creou unha páxina para promocionar a súa obra e nela foi deixando unha exposición videográfica que amosa o proceso de creación dos seus debuxos, algunhas son auténticas exhibicións circenses de ambidextria.

Kumi Yamashita

Xa tiña posteado hai anos a Kumi Yamashita polos seus traballos de “shadow art“, pero este polifacético artista xaponés sorprende permanentemente con cousas extraordinarias, como os retratos feitos con puntas e fío que lembran a atividade artística penitenciaria, penso que aínda me queda algunha figura psicodélica, regalo dun interno, para lembrar o meu paso pola cadea. Obviamente moito mais burda.

O vello e o mar

the old man and the sea from Marcel Schindler on Vimeo.

Non sei si lembrades a novela de Hemingway, esa que a partires de certa idade tivemos que ler todos os nenos na escola e que se salva do Fahrenheit 451 ao que condenaría á maior parte dos libros infumables que teñen que engullir os pequenos, pero Marcel Schindler axudanos coa memoria nesta curta en time lapse que rebosa xenialidade.

Paul Cadden

Outro mestre do hiperrealismo Paul Cadden, fai un par de anos deixaba un post do chinés Paul Lung un artista do que decía que utilizaba o lápis como se fose unha cámara fotográfica, pero este escocés ten un talento semellante ou incluso superior, facer un debuxo lévalle entre 3 e 6 semans. Alucinante. Ver galería

Snow Drawings

Teño deixado post de arte efímera pero este traballo de Sonja Hinrichsen é espectacular. Baseándose nas liñas de Nazca vai construíndo debuxos utilizando a neve como soporte. Coa axuda de 5 voluntarios desprazouse ás montanas de Colorado para facer esta fabulosa xeometría. Ver Galería

Snow Circles from Beauregard, Steamboat Aerials on Vimeo.

Heikki Leis

Heikki Leis é un artista nado en Estonia que se especializou no debuxo hiperrealista, aínda que abrangue outras disciplinas como a escultura ou a fotografía, os seus traballos a lápis e carboncillo son alucinantes. Ver Galería 1 Ver Galería 2

Esther Hörchner

Esther Hörchner ten unha sensibilidade sobrecolledora, poucas veces paras diante dunha obra e sintes a delicadeza que se desprende dela, os deseños de Hörchner son unha mixtura de elegancia e dulzura inusual.

Pawel Kuczynski

En contraste co post anterior, onde o derroche de medios é obsceno, queda ista referencia a un dos artistas mais significativos da insurxencia gráfica. Pawel Kuczynski, un polaco que non dispón de espazo web, tal vez intencionadamente, e que instrumentaliza o seu arte cara a denuncia social dun xeito brillante, deixo ista Galería que atopei en Taringa.

Puntillismo

Aínda hai espazo para a sorpresa na arte, o deseñador gráfico Miguel Endara realiza obras hiperrealistas utilizando unha técnica puntillista, no vídeo debuxa a imaxe do seu pai con un lápis e un estilógrafo, son 3,2 millons de puntiños. Bestial. Ver a Web.

Hero from Miguel Endara on Vimeo.

Tony Orrico

Tony Orrico é un artista e performer que utiliza o seu corpo como un compás para construir as súas obras, nunha mistura de coreografía e debuxo, vai creando composicións fisio-xeométricas.

Penwald: 2: 8 circles from Tony Orrico on Vimeo.

Neno post-apocalítico

Hai quen despreza a calidade artísitica do deseño gráfico por ordenador, mudar o lápis por unha tableta dixitalizadora chegou a supoñer un estigma para os creativos, imaxino que algo terá que ver coas posibilidades de mercantilización da arte, o soporte técnico dunha obra vaise axeitando ao desenvolvemento tecnolóxico e hoxe os lenzos son pixeles. Seguindo na liña do meu voyeurismo, deixovos este Making of  en time lapse dunha ilustración para a portada do comic Xaviroi. Nenos post-apocalípticos.

Post-Apocalyptic Cover Illustration | Timelapse from DEISIGN on Vimeo.

The lullaby

O debuxante e ilustrador Joe Fenton constrúe obras simétricas sen outra axuda mais que o seu lápis e unha folla que vai utilizando como referencia. The Lullaby tardou dous meses en completala, unha serie de figuras imaxinarias que vai trenzando nun puzzle de soños ata conseguir un debuxo xigantesco. A mín resúltame fascinante observar estas creacións, declárome un voyeur da arte.

Baldomero Pestana

Traballo dende hai 11 anos en Castroverde, unha vila fermosa cun entorno natural dunha beleza pouco coñecida, tal vez polo silencio político ao que estivo sometida durante anos, o caso é que vai pasando o tempo e vou descubrindo recunchos da súa cultura insospeitadamente extraordinarios, o último foi Baldomero Pestana, un debuxante e fotógrafo vítima da diáspora de primeiros de século. Este home autodidacta posúe un asombroso talento para o debuxo, a súa obra hiperrealista consegue unha forza inconmensurable fragmentando a realidade en imaxes sen rostro que ofrecen unha visión fotográfica da realidade social na que habita. Fantástico.

Retratos de autor

Retratos de autor” é unha iniciativa dun colectivo de artistas para a venta de retratos on line. Cada un deles posúe un particular estilo, eu quedeime coa mostra de Germán Cebrián que utiliza un trazo contínuo e enmarañado para definir os rostros, pero todos teñen o seu atractivo.

Simon Prades

Simón Prades un dibuxante excepcional que mistura lápis, grabado e software.