Archive for the ‘Cine’ Category

Paths of Hate


Trepidante curta de Damien Nenov cunha música fantástica. Lembroume ese derradeiro esforzo do guerreiro, un ánimo insospeitado que xurde do mais fondo do ser humano para afrontar a loita independentemente da razón, un esforzo denodado por gañar a batalla a pesares de que a adversidade aposte contra ti. Neso estamos.

Sebastian´s Voodoo

Sebastian’s Voodoo from Joaquin Baldwin on Vimeo.

Exclente curta de animación do Joaquin Baldwin que leva colleitando premos dende o seu estreno no 2008. Un canto á solidariedade e aos comportamentos altruístas en beneficio da comunidade. Fantástica.

Jamie Caliri

Heart from Jamie Caliri on Vimeo.

Incríble este deseñador gráfico especializado en curtas promocionais, utilizando papel cartón fai unhas animacións dunha beleza extraordinaria. web

O restaurador

Heal – Animated Trauma from Ghost Productions on Vimeo.

“Heal” é unha curta de animación da Ghost Productions para a  American Academy of Orthopaedic Surgeons, un traballo de divulgación científica sobre os modelos de itervención en traumatoloxía que opta polo divertimento e a creatividade para dar a coñecer os avances tecnolóxicos de esta disciplina médica. Brillante.

word as image


O traballo do coreano Ji Lee, que publicou un libro convertindo as palabras en imaxes, inspirou esta animación de Bran Dougherty Johnson. Unha pasada.

The Backwater Gospel


Outra excepcional curta que xurde doutra escola de cinema de animación, neste caso danesa, a “The animation workshop” a banda sonora é dos “sons of perdition

Bob

BOB from Jacob Frey on Vimeo.

Curta de animación realizada polo alumnado da escola alemana Filmakademie Baden-Wuerttemberg. Para ver o final tedes que esperar a que pasen os títulos de crédito.

Terra


Unha paisaxe fascinante en Time-lapse filmada dende o satélite da Estación Espacial Internacional. Comeza no Pacífico e remata na Antártida.

Time Reversal

Home Scientist : Time Reversal from David Emmite on Vimeo.

Estamos afeitos a camiñar nunha mesma direción espazo-temporal, lembro de cando era neno disfrutar invertindo as películas de super 8, era como mudar a realidade e percibila dende unha perspectiva absolutamente novedosa todo o que acontecía tiña un significado diferente, como si non se tratase do mesmo acontecemento.

Lovefield


Curta de “Mathieu  Ratthe“, un especialista en cine de suspense con reminiscencias “hitchconianas” misturadas coa xenialidade dos elexidos.

Unicornio


Porcelain Unicorn” é unha emotiva curta de Keegan Wilcox gañadora da edición dos premios Philips de cine que promoveu Ridley Sott. A condición: Conseguer a maxistralidade sen sobrepasar os 3 minutos. Proba superada.

Sarosh Jacob

JELLYFISH LAKE from Sarosh Jacob on Vimeo.

Sarosh Jacob é un trotamundos que vai deixando a súa pegada dixital  por cada un dos 40 países que foi visitando algunhas das súas filmacións e fotografías son dunha beleza espectacular. Escollín este vídeo do Jellyfish Lake mergullado entre medusas con banda sonora de Radiohead, relaxante.

Buried

Sufrira unha ansiedade bestial cun pequeno fragmento de “Kill Bill”, son 4 minutos nos que Tarantino consegue asfixiar o espectador cun plano de absoluta escuridade e a respiración agonizante de Uma Thurman. O risco cinematográfico de converter a historia dun encerro nun ataúde nunha longametraxe de 90 minutos xa é suficientemente temerario como para deixar de ver o experimento. “Buried” é un película distinta, sobrecolledora e irrepetible, unha xenialidade cinematográfica que non pasa desapercibida, hai que vela.

As rúas contra a guerra

Sokak Savaşa Karşı | Streets Against The War from sokak savasakarsi on Vimeo.

Impresionante vídeo contra a guerra do colectivo de artistas turcos “Sokak Savaşa Karşı“. Cunha estratexia de arte de guerrilla empapelan as calles con noticias de prensa das que foron recortadas imaxes que logo ensamblan nunha curta en slow motion. Visto en “A desgana, un blog imprescindible.

Train of thought

Train of Thought from Leo Bridle on Vimeo.

Espléndida curta de animación de Leo Bridle e Ben Thomas para a súa graduación no instituto de arte de Bournemouth. Todo está feito a man, ver Making of