Archive for the ‘Cine’ Category

Paperman

Excepcional curta de animación en “casi” branco e negro de Disney, está claro que a influenza da absorvida Pixar está a dar os seus froitos. “Paperman” foi nominada para os Oscar como mellor curta de animación, o palmarés do seu director John Khars, creador entre outras de “Monstruos S.A.”, non ofrece lugar a dúbidas respecto da súa calidade. Unha preciosidade.

One more beer


Xenial minicurta de animación de Pedro Conti.

A lúa


A derradeira produción de Pixar. A lúa, unha delicada historia interxeneracional.

A bella durminte

A Bella Durminte vista por Claude Cloutier. Unha comedia canadiense que parece parida despois de terse comido un ácido. É un desbarre maxistral no que vai misturando fición en realidade con un humor surrealista insuperable. A curta é do ano 2007 e xa ten acadados 23 premios internacionais. Unha xenialidade.

SLEEPING BETTY from National Film Board of Canada on Vimeo.

Surf Art

O artista holandés Karim Rejeb traslada a paixón polo surf ás súas obras. “Perfect Holiday”, unha curta realizada en stop motion con Playmobils, é todo un derroche de imaxinación.

O orde das cousas

El orden de las cosas” é unha excepcional curta sobre violencia de xénero, escrita e dirixida polos irmáns César e José Esteban Alenda. O filme vai construindo dende un argumento sinxelo o drama que provoca a inercia dunha educación sexista que promove silenciosamente a violencia de xénero, descubrindonos un fundamentalismo talibán agochado no mais profundo da presunta “ética” occidental e que é ineludiblemente asumido en esterotipos por mulleres e homes. Maxistral. Parte 1 / Parte 2

Réflexion


Extraordinaria curta de animación con un toque expresionista realizada polo estudio francés Planktoon o tratamento das imaxes e a banda sonora son unha pasada.

L´Odyssée

Había tempo que non posteaba publicidade no blogue, pero este spot de Cartier deixoume tan abraiado que no me quedou outra que facerlle un recuncho na bitácora. Parece que tardaron dous anos en construír esta fermosura de cortametraxe pero visto o resultado mereceu a pena a espera. Bestial.

Inspirations

Cristóbal Vila é un zaragozano que fai animacións en 3d dunha calidade excepcional. Para Inspirations baseouse na obra de M.C. Escher tratando de “imaxinar cómo podería ser o seu lugar de traballo, de qué cousas se rodearía u artista como él, tan profundamente interesado pola ciencia en xeral e as matemáticas en particular. Todo dunha forma completamente imaxinaria, libre e inventada”. O resultado é esta pequena xoia que ademais utiliza como banda sonora unha composición do islandés Ólafur Arnalds do que vos recomendo unha visita á súa páxina.

INSPIRATIONS from Cristóbal Vila on Vimeo.

Solipsist

SOLIPSIST é unha curta de cine experimental do director Andrew Thomas Huang que gañou o premio especial do xurado no festival de cine de Slamdance 2012. Efectos especiais, cor e imaxinación. Moi currado. O solipsismo “é a crenza metafísica de que o único do que un pode estar seguro é da existencia da súa propia mente, a realidade que aparentemente nos rodea é incognoscible e pode non ser mais que unha parte dos estados mentais do propio ego. De xeito que, todos os obxectos, persoas, etc., que un experimenta serían meramente emanacións da nosa mente e, polo tanto, a única cousa da que poderíamos ter seguridade é da existencia de un mesmo”.

SOLIPSIST from Andrew Huang on Vimeo.

The Chase

Para tod@s os que gostedes da acción, sentadevos tranquilos e desfrutade cada segundo destes 12 minutos gloriosos de cinema de animación. O pai da criatura é o chileno Tomás Vergara que despois de esta opera prima non nos vai quedar outra que estar ben atentos ao seu traballo. Maxistral. ver web (moi recomendable)

The Chase (2012) – 3D Animated Action Short Film from Tomas Vergara on Vimeo.

Cine e locura

Onte, dentro das xornadas “Entre Marbella e Torremolinos” [imaxes de manicomio], asistin á ponencia de Luis Vila Pillado “Cine e locura”, unha sorpresa de erudición cinéfila a de este home que foi facendo un percorrido polas distintas formas de entender os trastornos mentais no cine e a súa correlación coa categorización histórica da enfermidade, foinos transportando a través das imaxes á conceptualización da saúde mental dos xenios do séptimo arte, Buñuel, Fellini, Bergman, Polanski, Visconti… Unha mirada intelectual na que prescindiu dos prototípicos filmes comerciais para furgar na arqueoloxía cinematográfica ata atopar as lecturas mais significativas da locura. O cine posúe unha capacidade brutal para modificar comportamentos e para movilizar emocións, trátase dunha ferramenta terapéutica que traballa nun plano inconsciente, de xeito silencioso, pero cun impacto incuestionable. Foi unha noite distinta, un mergullo na erótica da demencia a través do cine rodeados por unha extraordinaria mostra fotográfica de Xosé Reigosa que merece unha visita, tanto a exposición como a súa web.

The fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Que cousa tan preciosa e delicada ista curta de animación nominada aos Oscars de 2012. Inspirado no huracán Katrina, Buster Keaton, e o Mago de Oz, “The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore” é unha historia de persoas que adican a súa vida aos libros e os libros devolvenlle o favor. Hai uns días que leín “Tinta“, esta curta evocouma por momentos, parece que estamos nun momento propicio para homenaxear á literatura pero sobre todo aos libros. Maxistral.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

La bruxa

LA BRUXA from lafiestapc on Vimeo.

Curta de animación de Pedro Solís gañadora do Goya 2011.

Swing of change

Hai uns días falaba cun amigo sobre a capacidade que posúe a música para producir modificacións neurolóxicas, quedou en pasarme “Musicofilia” de Oliver Sacks no que conta en tono divulgativo, na liña de “Pantasmas no cerebro” de Ramachandrán, como o son é capaz de despertar zonas cerebrais danadas. Á espera do libriño, deixovos esta extraordinaria curta na que un barbeiro vai transmutando os seus gustos musicais e mesmo ideolóxicos coa axuda dunha trompeta máxica, maxistral. Swing of change.

Swing of Change from Swing of Change on Vimeo.