Archive for the ‘Arte’ Category

In a Heartbeat


02 Feb

Curta de animación de dous estudantes de deseño gráfico, financiado a través de crowdfunding, que elixiron o tema da homosexualidade na adolescencia para visibilizar as dificultades que atopan as persoas cunha orientación sexual que segue a ser rexeitada socialmente. O sufrimento dun rapaz na loita pola expresión dos seus desexos fronte aos atrancos “morais” cos que se atopa.

A muller xeada


01 Feb

Alguén mencionou “La mujer helada ” de Annie Ernaux como unha obra estrictamente feminista e reivindicativa fronte á popularísima tetraloxía de “La amiga estupenda” da Ferrante, pois é mesturar churras con merinas, sen restarlle un ápice de valor ao libro de Ernaux, que é unha crónica da opresión patriarcal, cunha descrición tan creíble que resulta sobrecolledora, padecida por unha muller dende o seu nacemento, unha revelación sen trampa nin cartón da esclavitud do estereotipo machista gravado sociolóxicamente a sangue e lume, resistente a unha educación non sexista e á intelixencia da muller. Maila iso a fluidez narrativa da Ferrante, a elaborada elaboración do contexto, a construción das persoaxes … distanciaas dun xeito indiscutible, a comparación é imposible, sería como pensar que é mellor, a física ou as matemáticas. Por certo, un libro moi recomendable aínda que nunca sufrirá o estigma de verse convertido nun Best Seller.

Pubertet


22 Xan

“Pubertet” é un programa sobre “Educación sexual” producido pola televisión de Noruega na que, utilizando modelos reais, ensina aos adolescentes as partes do corpo e as modificacións que se producen ao chegar a puberdade. Os contidos explícitos son obxecto de polémica cando mais nunha sociedade que abandonou hai anos a educación afectivo-sexual do currículo da escola. Deixo o enlace aos 8 capítulos subtitulados en castelá para quen queira facer uso deles.

Binta e a gran idea


19 Xan

Unha proposta didáctica de Educación para o Desenvolvemento baseada nunha curta de Javier Fesser, nomeada aos Oscar no 2007, que permete traballar a discriminación de xénero e facer unha reflexión sobre as situacións de desigualdade.

Binta Y La Gran Idea (2004) Cortometraje from toto on Vimeo.

Paperman


03 Feb

Excepcional curta de animación en “casi” branco e negro de Disney, está claro que a influenza da absorvida Pixar está a dar os seus froitos. “Paperman” foi nominada para os Oscar como mellor curta de animación, o palmarés do seu director John Khars, creador entre outras de “Monstruos S.A.”, non ofrece lugar a dúbidas respecto da súa calidade. Unha preciosidade.

Paperman – full HD (Original) from Allie on Vimeo.

Wolf Ademeit


05 Xan

Fotografías “bestiais” do alemán Wolf Ademeit Ver Galería

One more beer


13 Dec


Xenial minicurta de animación de Pedro Conti.

A lúa


06 Nov


A derradeira produción de Pixar. A lúa, unha delicada historia interxeneracional.

Xiaonan Sun


04 Xul

Xiaonan sun é un artista norteamericano especializado no retrato a lápis, creou unha páxina para promocionar a súa obra e nela foi deixando unha exposición videográfica que amosa o proceso de creación dos seus debuxos, algunhas son auténticas exhibicións circenses de ambidextria.

A bella durminte


23 Xuñ

A Bella Durminte vista por Claude Cloutier. Unha comedia canadiense que parece parida despois de terse comido un ácido. É un desbarre maxistral no que vai misturando fición en realidade con un humor surrealista insuperable. A curta é do ano 2007 e xa ten acadados 23 premios internacionais. Unha xenialidade.

SLEEPING BETTY from National Film Board of Canada on Vimeo.

Kumi Yamashita


22 Xuñ

Xa tiña posteado hai anos a Kumi Yamashita polos seus traballos de “shadow art“, pero este polifacético artista xaponés sorprende permanentemente con cousas extraordinarias, como os retratos feitos con puntas e fío que lembran a atividade artística penitenciaria, penso que aínda me queda algunha figura psicodélica, regalo dun interno, para lembrar o meu paso pola cadea. Obviamente moito mais burda.

Surf Art


21 Xuñ

O artista holandés Karim Rejeb traslada a paixón polo surf ás súas obras. “Perfect Holiday”, unha curta realizada en stop motion con Playmobils, é todo un derroche de imaxinación.

David Oliveira


20 Xuñ

David Oliveira, un escultor que debuxa con ferro en tres dimensións. O seu blogue.

Stefano Bonazzi


30 Mai

Stefano Bonazzi é un fotógrafo italiano especializado na composición fotográfica, os seus traballos surrealistas representan ficións oníricas coas que recompón a realidade. Comparte a técnica fotográfica co carboncillo obtendo auténticas belezas. Ver galería

O orde das cousas


14 Mai

El orden de las cosas” é unha excepcional curta sobre violencia de xénero, escrita e dirixida polos irmáns César e José Esteban Alenda. O filme vai construindo dende un argumento sinxelo o drama que provoca a inercia dunha educación sexista que promove silenciosamente a violencia de xénero, descubrindonos un fundamentalismo talibán agochado no mais profundo da presunta “ética” occidental e que é ineludiblemente asumido en esterotipos por mulleres e homes. Maxistral. Parte 1 / Parte 2

apnea

Un mergullo na rede