O xardín colgante

Estreneime con Javier Calvo lendo a súa última novela, premio Biblioteca breve de 2012. Este singular escritor enreda realidade e ficción nunha trama policíaca que discurre na época da tansición e na loita antiterrorista xogando coa esquizofrenia do humor e a violencia dun xeito divertidísimo. As persoaxes parecen extraídas dun comic e algún deles, como o axente do CSID Lao con Síndrome de Asperger, poderá dar moitísimo xogo nunha presumible continuidade da saga. En definitiva, “El jardín colgante” é un coctel explosivo de historia, ficción e novela negra, escrita cunha sagacidade e un estilo tremendamente atractivos. Recomendable.

Tags: ,

2 Responses to “O xardín colgante”

  1. Oscar di:

    Son seguidor de apnea, aproveito que acabo de rematar o libro “o xardín colgante”; para agradecerche a tua recomendación.

  2. orso di:

    Grazas Oscar. Así que eras tí o seguidor de apnea. Unha aperta.