Tinta

Tinta é un libro distinto, unha desas obras mestras que xurden da inspiración das musas, trátase dun conto precioso no que Trias de Bes se sumerxe para buscar o último motivo, a literatura como explicación da sinrazón, utilizando a persoaxes vencellados á elaboración dos libros, vai enlazando a narración coas historias do libreiro, o autor, o impresor, o corrector e o editor, todo eles cun duelo pendente de resolución que se vai disolvendo nunha obra inexistente, un conxunto de frases extraídas dos exemplares dunha libraría na que un matemático busca un algoritmo para facer a obra perfecta, un producto da imaxinación das persoaxes, a mellor tinta do mundo. Un regalo de Nadal que me fixo Masé, precioso.

2 Responses to “Tinta”

  1. mase di:

    Alégrame que disfrutases da súa lectura, para mín é un homenaxe ás palabras, ós libros. Unha aperta.
    Masé

  2. orso di:

    Si que é un libro que desborda sensibilidade cara a literatura, pero o mais impactante é como xoga coa causalidade circular para descubrirnos que a tinta ten o poder dunha pulsión primaria para xustificar a irracionalidade da paixón. Algo que moitos lectores descoñecen. Delicioso.