Swing of change

Hai uns días falaba cun amigo sobre a capacidade que posúe a música para producir modificacións neurolóxicas, quedou en pasarme “Musicofilia” de Oliver Sacks no que conta en tono divulgativo, na liña de “Pantasmas no cerebro” de Ramachandrán, como o son é capaz de despertar zonas cerebrais danadas. Á espera do libriño, deixovos esta extraordinaria curta na que un barbeiro vai transmutando os seus gustos musicais e mesmo ideolóxicos coa axuda dunha trompeta máxica, maxistral. Swing of change.

Swing of Change from Swing of Change on Vimeo.

Tags: ,

2 Responses to “Swing of change”

  1. fer di:

    Fantástico, si señor. Encantame.. oes; espero con ansia que che chegue o libro para comentalo cunhas cañas, xa verás que sorpresa. Se é certo ademáis, que os aprendizaxes novos reconfiguran o cerebro e non o revés (é dicir, nacemos cunha capacidade e enfocamola en cousas, as posibilidades da música son infinitas. Tanto ou máis que as infinitas cañas que aínda nos esperan a ti e a min.. Apertas potentes..

  2. Orso di:

    Estes días non estou moi fino, pensar no futuro suponme todo un exerccio de vontade, pero esas cañas infinitas son unha zanahoria cojonuda.
    Apertas potentes